Calle de Aragón, 197 Interior - 36206 Vigo. Teléfono: 986 433 515

coepo@coepo.com

Calle de José Casal, 5 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 857 095

coepo@coepo.com

Xornada – Día da matrona – Balneario Guitiriz (Lugo)

A AGAM convida a profesionais da saúde da muller á xornada do “Día da Matrona 2024”

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024.- A Asociación Galega de Matronas (AGAM) ten o pracer de anunciar a xornada que organiza este ano con motivo do “Día da Matrona 2024”, aberto a todas as matronas e profesionais relacionadas coa saúde da muller. O evento terá lugar este sábado, 4 de maio, nas instalacións do Iberik Balneario de Guitiriz, en Lugo.

Este ano, AGAM presenta un programa innovador e enriquecedor, e como novidade, nesta ocasión solicitouse a acreditación da xornada ao sistema de formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo primordial é fortalecer o colectivo de matronas e fomentar unha atención integral e de calidade á saúde da muller.

O programa inclúe dúas mesas redondas que abranguen temas de interese como o chan pelviano, a acción comunitaria ou a educación afectivo-sexual. Destacadas profesionais compartirán os seus coñecementos e experiencias, promovendo así o intercambio de ideas e a colaboración dentro da comunidade profesional. O programa complétase coa asamblea xeral da asociación (exclusivo para socias), así como un xantar

Esta invitación está aberta a matronas, residentes de matronas e a todas aquelas profesionais comprometidas coa saúde e o benestar da muller.

Detalles do evento:

  • Data e Hora: 4 de maio de 2024, a partir das 09:30 horas.
  • Lugar: Iberik Balneario de Guitiriz, Lugo.
  • Inscrición: A asistencia é gratuita, agás o xantar de confraternización, que require inscrición previa ata o xoves 2 de maio (incluído).
  • Xantar de Confraternización: Dispoñible baixo reserva previa. Consulta os detalles sobre os prezos e as opcións de menú aquí.

AGAM agradece a apoyo de MSD, Medela, Cumlaude, Ozoaqua, e Enna, así como a colaboración de destacadas profesionais no campo da saúde da muller.

Para máis información e inscricións, visita o sitio web de AGAM: https://matronasgalegas.org/cursos/xornada-dia-da-matrona-2024-en-guitiriz

Compartir
Admin