Avda. García Barbón 36, P2º Local 7, 36201, Vigo. Teléfono: 986 433 515

coepo@coepo.com

Avda. de Vigo 39, P1º Local 4, 36003, Pontevedra. Teléfono: 986 857 095

coepo@coepo.com

Noticias

Archivo

Archivo de categoría Xunta de Galicia

Xunta de Galicia, colaboración iniciativa visibilidades as mulleres profesionales

Poñémonos en contacto contigo desde a Xunta de Galicia para pedir a túa colaboración nunha iniciativa destinada a dar maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia.

Todos os días celébranse na nosa comunidade mesas redondas, xornadas técnicas, foros especializados ou fanse entrevistas en medios de comunicación. Para seguir dando pasos adiante en materia de igualdade, precisamos que a voz e a experiencia das mulleres estea máis presente.

Por este motivo, estamos a traballar na creación dun espazo de procura de perfís profesionais especializados en diferentes sectores, concebido como unha ferramenta práctica e aberta para facilitar a localización de mulleres dispostas a participar como poñentes, relatoras ou especialistas nos seus respectivos eidos de traballo.

Para que esta iniciativa represente a diversidade territorial e sectorial de Galicia, agradeceriamos a túa axuda para difundir esta convocatoria entre as mulleres profesionais vinculadas á túa entidade, rede ou ámbito de actuación.

 As profesionais interesadas poden inscribirse de maneira voluntaria a través do seguinte formulario:

 https://apunta.xunta.gal/gl/form/mulleres-profesionais-galicia

Grazas de antemán pola túa colaboración e implicación nesta iniciativa, que busca ampliar a presenza de mulleres expertas nos espazos públicos e contribuír a unha sociedade máis diversa, plural e representativa.

Por favor, se podedes facer difusión agradecemos que nolo indiquedes para poder reflexar a vosa colaboración no apartado de agradecementos da plataforma resultante.

Compartir

Programa Formación Dixital

Desde a Xunta de Galicia puxemos en marcha o programa Formación Dixital, unha iniciativa de formación online e gratuíta en competencias dixitais intermedias.

Este curso está aberto a toda a cidadanía maior de 14 anos que resida en España, non sendo necesario dispoñer de DNI español (pódese acceder tamén con NIE ou pasaporte).

 

Ademais, a formación pódese realizar tanto en galego como en castelán, segundo a preferencia de cada persoa.

Que beneficios ofrece o curso?

✅ Mellorar o nivel dixital para acceder con máis facilidade a ofertas de emprego.

✅ Aprender a realizar trámites coa Administración pública sen desprazamentos.

✅ Adquirir competencias en internet e redes sociais de uso seguro e responsable.

✅Ampliar oportunidades profesionais mediante ferramentas dixitais.

🎓 Obter un diploma acreditativo oficial da Xunta de Galicia ao rematar cunha equivalencia de 250 horas e 10 ECTS.

📖 Prepararse para a certificación galega en competencias dixitais (ComDix).

 

Convidámosvos a difundir esta oportunidade entre as persoas cercanas á vosa organizacións.

Ao final deste correo atópase a ligazón de descarga do cartel do proxecto (para imprimir ou compartir en redes sociais) e do folleto informativo con todos os detalles da formación.

A inscrición é moi sinxela e realízase directamente a través da web:
formaciondixital.gal

Compartir