Avda. García Barbón 36, P2º Local 7, 36201, Vigo. Teléfono: 986 433 515

coepo@coepo.com

Avda. de Vigo 39, P1º Local 4, 36003, Pontevedra. Teléfono: 986 857 095

coepo@coepo.com

Entrada

Las últimas novedades de la profesión

Xornada sobre o Dano Cerebral

A inscrición na Xornada sobre o Dano Cerebral 2026, dedicada á ‘Accesibildiade universal’, estará aberta ata o 5 de novembro

A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido está dedicada á ‘Accesibilidade universal’. O horario vai desde as 9 da mañá ata as 5 e media da tarde, ofrecendo un café e o xantar ás persoas asistentes. A cita vai ter lugar o sábado 7 de novembro en Santiago de Compostela, no Edificio Cersia (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n – San Lázaro). Non te despistes! A inscrición está aberta ata o xoves 5 de novembro ás 23:59. É gratuíta e inclúe o café e o xantar inclusivo!

 

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

imagen

 

PROGRAMA

 

09:00 | Chegada e acreditacións
As persoas asistentes poderán confirmar a súa chegada e recoller a súa acreditación.

 

09:30 | Benvida e presentación institucional
Representantes de diferentes institucións darán a benvida ás persoas asistentes.

  • Luciano Fernández. Presidente de Dano Cerebral Galicia
  • Begoña Abeijón. Directora Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia
  • Representante do Concello de Santiago de Compostela (pendente)
  • Fernando de Andrés Alonso. Secretario Xeral da Valedora do Pobo

 

09:45 | Conferencia inaugural
Falaremos da importancia de garantir que todas as persoas poidan participar na sociedade en igualdade de condicións.

  • Jesús Martín Blanco. Director Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade do Ministerio de Dereitos Sociais.

 

10:30 | Descanso e café
Faremos unha pausa para tomar un café e compartir un momento coas demais persoas asistentes.

 

11:00 | Mesa redonda. Contornas que permiten participar: como deseñar espazos para todas as persoas?
Falaremos de como crear cidades, edificios e espazos que todas as persoas poidan utilizar.
Coñeceremos experiencias e propostas relacionadas coa arquitectura, o urbanismo e a accesibilidade.

  • Modera: Noelia Rivadas. Técnica de Formación de Dano Cerebral Galicia
  • Mª Victoria Alquézar. Asesora da Concellería de Política Social (Concello de Zaragoza)
  • Iago Lestegás. Concelleiro de Urbanismo (Santiago de Compostela)
  • Breixo Pastoriza. Asociación Española de Profesionais da Accesibilidade Universal
  • Antonio Arias. Arquitecto técnico e membro da Comisión de Accesibilidade do Consello Galego de Arquitectura

 

12:30 | Entrega do 14º Premio Dano Cerebral Galicia – Miguel Blanco
Este premio recoñece o traballo de persoas e entidades que contribúen a mellorar a vida das persoas con dano cerebral adquirido.

 

12:50 | Mesa redonda. Participar na comunidade: accesibilidade para exercer dereitos.
Falaremos das barreiras que atopan as persoas con discapacidade para participar na sociedade.
Tamén coñeceremos experiencias e propostas para facer máis accesibles a cultura, os servizos e as actividades da vida diaria.

  • Modera: Miguel Vieito Villar. Asesor xurídico de Dano Cerebral Galicia
  • Xesús Ron. Director e produtor do Grupo Chévere
  • Óscar Salgado. Socio de Dano Cerebral Santiago de Compostela
  • Laura Veiga García. Responsable do Servizo de Orientación Formativa e Inserción Laboral do CPAP de Bergondo
  • Belén González. Presidenta da Asociación Galega Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC)

14:10 | Xantar inclusivo
Compartiremos un xantar preparado para ter en conta diferentes necesidades de alimentación.

 

15:30 | Experiencias que inspiran
Escoitaremos as experiencias de persoas con dano cerebral adquirido.
Coñeceremos as súas historias, as barreiras que atopan no día a día e a importancia de contar con apoios para participar na sociedade.

  • Modera: Iria Abel. Directora de Dano Cerebral Lugo
  • Beatriz Gándara. Directora de Administración de Dano Cerebral Alento Vigo e escaladora
  • Tito González. Deportista paralímpico e membro de Dano Cerebral Lugo
  • Lucrecia Alcolado. Profesora xubilada e membro de Dano Cerebral Lugo

 

16:15 | Laboratorio de eventos accesibles
Aprenderemos como organizar actividades culturais e eventos nos que todas as persoas poidan participar.
Coñeceremos ferramentas e recursos que axudan a eliminar barreiras.
Tamén poderemos ver e probar algunhas destas solucións.

  • Rubén Capelán. Xestor cultural especializado en accesibilidade, membro da cooperativa MADA Producións
  • Inés Mosquera. Terapeuta ocupacional de Dano Cerebral Galicia
  • Xesús Ron. Director e produtor do Grupo Chévere

 

17:30 | Peche da xornada

 

 

Compartir