Calle de Aragón, 197 Interior - 36206 Vigo. Teléfono: 986 433 515

coepo@coepo.com

Calle de José Casal, 5 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 857 095

coepo@coepo.com

Noticias

Archivo

Archivo de categoría DOGA

Disponible la acreditación de la prescripción enfermera Fides.

Nota informativa sobre a acreditación das enfermeiras para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano.

Dada a novidade do procedemento establecido na orde do 9 de xullo de 2021 (DOG núm.134, do 15 de xullo) resulta conveniente informar o seguinte: Os requisitos necesarios para conseguir a acreditación para a indicación, uso e
autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano son os seguintes:

1. Estar en posesión do título de grao ou diplomatura en Enfermería, ou de Axudante Técnico/a Sanitario/a, ou equivalente. Cando se trate de profesionais de enfermería responsables de coidados especializados, posuír o título de Enfermeiro/a Especialista.

2. Cumprir algún dos seguintes requisitos:
– Ter unha experiencia profesional acreditada mínima dun ano.
– Superar o curso de adaptación que será ofrecido, de maneira gratuíta, para adquirir as competencias necesarias para indicar, usar e autorizar a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano. Este curso será programado e xestionado pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS). A primeira convocatoria para a inscrición neste curso será anunciada no Diario Oficial de Galicia. As convocatorias sucesivas publicaranse na páxina web do Servizo Galego de Saúde e de ACIS.
Procedemento: Non hai que presentar unha solicitude, sen prexuízo das indicacións que se realizan a continuación:

1. Os profesionais que presten servizos no SERGAS ou nas entidades adscritas á Consellería de Sanidade, ou que estean inscritos nas listas de selección temporal da categoría de enfermeira/o ou de persoal enfermeira/o especialista, están exentos de aportar titulación e experiencia profesional, sen que sexa necesario realizar ningunha
actuación.
2. Os p rofesionais de enferm e ría doutros centros sanitarios deberán darse de alta na Oficina Virtual do Profesional (sistema informático Fides/expedient-e) e rexistrar e acreditar documentalmente no dito sistema informático os requisitos de titulación e a experiencia mínima dun ano.
A resolución de acreditación será posta a disposición de cada profesional no seu expediente electrónico no apartado outros méritos.
Á Oficina Virtual do Profesional (Fides) accédese desde internet http://fides.sergas.es con certificado dixital ou mediante o sistema Chave365.
Toda a información do proceso e as instrucións para acceder a Fides está dispoñible en:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210715/AnuncioC3K1-090721-0010_gl.html

Acceder a Fides: https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/oficina-profesional-expediente-electronico-sergas

Compartir

Ley de Eutanasia. Documentos de Interés.

Este venres 25 de xuño 2021, entra en vigor a Lei Orgánica 3/2021, de 24 de marzo.

Por tal motivo hoxe abrimos un espazo de información Sanitaria específico para esta prestación no porta web do Sergas, do que vos xuntamos o seguinte ligazón:

https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Lei-Organica-32021-de-regulacion-da-eutanasia

Aquí podedes encontrar os documentos oficiais “Guía técnica e protocolo administrativo”, así como todos os modelos documentais que se reflicten na Lei.

Pregamos a súa difusión a todos os profesionais.

Compartir

Nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica

nombramientos enfermero pediatria sergas

 

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista na especialidade de pediatría.

Resolución concurso específico pediatria
Compartir