Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) queremos facerlle chegar a información das Xornadas AGEFEC 2026. Benvida de residentes e Asemblea de socios/as, que se celebrarán o vindeiro 13 de xuño de 2026 no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).
Este encontro está dirixido a residentes e profesionais de Enfermaría Familiar e Comunitaria e constitúe unha oportunidade para compartir coñecemento, experiencias e reflexións arredor dos principais retos da Atención Primaria.
O programa inclúe a mesa «Comunicación Clínica e Abordaxe de Situacións Complexas na Consulta», na que se desenvolverán simulacións de casos clínicos da práctica asistencial cotiá, conducidas por integrantes dos Grupos de Traballo da AGEFEC.
A xornada incluirá tamén un acto de benvida para as/os novas/os residentes EIR de Familiar e Comunitaria, unha pausa café e diversas iniciativas destinadas a favorecer o intercambio profesional e a participación das persoas asistentes, entre as que se incluirá o sorteo dunha inscrición gratuíta ao IX Congreso AGEFEC.
Pode consultar toda a información sobre o evento na seguinte ligazón: https://agefec.gal/