Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, dende o ISSGA organizamos, en colaboración con Fremap, a seguinte xornada técnica:
Webinar_Estratexias fronte ao malestar emocional
- Día 10 de outubro
- de 09:45 a 11:00h
- en liña
Nun contexto laboral de alta esixencia e ritmo acelerado, a saúde mental converteuse nun elemento clave para o benestar integral e a produtividade. Esta xornada está pensada para abordar de forma preventiva e integral o malestar emocional no traballo, promovendo a sensibilización, a detección temperá e a xestión adecuada dos trastornos mentais e problemas emocionais. O relator será David Piélago Solís, psicólogo do traballo e experto en riscos psicosociais, quen compartirá claves prácticas para identificar sinais de alerta, pedir axuda a tempo e fomentar a serenidade, a empatía e o autocuidado no día a día laboral.
Máis información e inscricións: web ISSGA
