Avda. García Barbón 36, P2º Local 7, 36201, Vigo. Teléfono: 986 433 515

coepo@coepo.com

Avda. de Vigo 39, P1º Local 4, 36003, Pontevedra. Teléfono: 986 857 095

coepo@coepo.com

Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) convidámosvos a participar no webinar «Liderado saudable», organizado en colaboración con MC Mutual.

🗓 Data: 20 de outubro de 2026

⏰ Hora: 10:00 h

💻 Modalidade: Videoconferencia

 

No marco da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, este webinar abordará o papel do liderado na creación de contornas de traballo saudables e na promoción do benestar das persoas traballadoras.

Durante a sesión reflexionarase sobre como un liderado consciente, empático e adaptativo pode contribuír a xerar relacións baseadas na confianza, mellorar a comunicación, favorecer a colaboración e previr riscos psicosociais. Prestarase especial atención ao concepto de seguridade psicolóxica e á importancia de crear espazos nos que as persoas poidan expresar ideas, preocupacións ou erros con confianza e sen medo.

Achegamos o programa da actividade e agradecémosvos a vosa colaboración na difusión deste webinar entre aquelas entidades e profesionais que poidan estar interesados.

Podedes consultar máis información e realizar a inscrición a través da web do Issga.

 

Compartir