Calle de Aragón, 197 Interior - 36206 Vigo. Teléfono: 986 433 515

coepo@coepo.com

Calle de José Casal, 5 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 857 095

coepo@coepo.com

Concurso de traslados Abierto y permanente.

Disposiciones RRHH Sergas

Resolución provisional adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario diplomado sanitario.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 11 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 26 de decembro), convocouse concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario diplomado sanitario.

Mediante a Resolución do 13 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 26 de marzo) publicouse a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no devandito proceso, así como a oferta de destinos do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018.

De conformidade co previsto nas bases 3.5.1), 8.3) e 8.4) da Resolución do 20 de novembro de 2017 pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 29 de novembro), logo de finalizada a análise das reclamacións presentadas contra a listaxe de admitidos/excluídos, así como a baremación dos méritos alegados e acreditados polos/as concursantes, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario diplomado sanitario.

Segundo. Declarar resolto provisionalmente o antedito concurso, coa publicación das puntuacións e destinos provisionalmente asignados.

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as por categoría, as puntuacións provisionais desagregadas por epígrafe do baremo e os destinos provisionais, se é o caso, asignados están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Ampliar, por coincidencia co período estival, o prazo de reclamación previsto na base 8.4 da Resolución do 20 de novembro de 2017, de modo tal que os/as concursantes admitidos/as poderán presentar reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 7 de setembro de 2018. Tales reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva que aprobará a autoridade convocante e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

Margarita Prado Vaamonde

 

Accede a los listados desde aquí: 

Compartir
Admincoepo