Os informamos de que acábase de publicar o novo Calendario de inmunización ao longo de toda a vida. As principais novidades neste novo calendario son as seguintes:
- Inclusión da vacina fronte ao rotavirus para os nenos/as nados dende o 1 de agosto de 2023, con dúas doses (2 e 4 meses)
- Substitución da vacina MenC pola MenACWY aos 4 meses, por iso é preciso revisar a seguinte nota informativa sobre o uso dos dous tipos de vacinas existentes (Menquadfi® e Nimenrix®) fronte a MenACWY : https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/7262/nota_informativa_nimenrix-menquadfi.pdf (xuntase no correo)
- Inclusión do anticorpo para a prevención do virus respiratorio sincitial. Pódese consultar o contido sobre a Campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (instrución, cartel, infografía e tríptico para pais e nais), pódese consultar no seguinte enderezo: https://www.sergas.gal/Saude-publica/INMUNIZACION-FRONTE-AO-VIRUS-RESPIRATORIO-SINCITIAL
Nos próximos días estarán publicados diversos vídeos formativos e informativos sobre a campaña fronte ao virus respiratorio sincitial.
Consulta o cartel e a instrucción en:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Calendario-comun-vacinacion
CARTEL-CALENDARIO-INMUNIZACION