Avda. García Barbón 36, P2º Local 7, 36201, Vigo. Teléfono: 986 433 515

coepo@coepo.com

Avda. de Vigo 39, P1º Local 4, 36003, Pontevedra. Teléfono: 986 857 095

coepo@coepo.com

II Plan de Formación sobre Vacinación no Adulto

nformámoslle que dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, ponse en marcha o II Plan de Formación sobre Vacinación no Adulto, que terá lugar nos meses de abril e maio de 2026 nas diferentes áreas sanitarias. 

Trátase dunha actividade formativa presencial acreditada, dirixida, entre outros profesionais, ao persoal de enfermaría, co obxectivo de reforzar o seu papel na promoción da vacinación na poboación adulta e nos grupos de risco, así como na mellora do asesoramento e a información á cidadanía neste ámbito.

Tendo en conta a relevancia da vacinación desde o ámbito da enfermaría, agradeceriamos especialmente a súa colaboración na difusión desta actividade entre o persoal que poida estar interesado en asistir.

 

Pódese consultar a información completa sobre sedes, datas de realización e acceso ao formulario de inscrición, a través da seguinte ligazón:

https://escolasaudepublica.sergas.gal/gl/escola/ii-plan-de-formacion-sobre-vacinacion-no-adulto

 

 

Atentamente,

 

Dirección Xeral de Saúde Pública

Consellería de Sanidade

( Edificio Administrativo da C. Sanidade – San Lázaro s/n

15781 – Santiago de Compostela (España)

+34 881 542930 7  +34 881 542854

saude.publica@sergas.es

Compartir