Dada a novidade do procedemento establecido na orde do 9 de xullo de 2021 (DOG núm.134, do 15 de xullo) resulta conveniente informar o seguinte: Os requisitos necesarios para conseguir a acreditación para a indicación, uso e
autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano son os seguintes:
1. Estar en posesión do título de grao ou diplomatura en Enfermería, ou de Axudante Técnico/a Sanitario/a, ou equivalente. Cando se trate de profesionais de enfermería responsables de coidados especializados, posuír o título de Enfermeiro/a Especialista.
2. Cumprir algún dos seguintes requisitos:
– Ter unha experiencia profesional acreditada mínima dun ano.
– Superar o curso de adaptación que será ofrecido, de maneira gratuíta, para adquirir as competencias necesarias para indicar, usar e autorizar a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano. Este curso será programado e xestionado pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS). A primeira convocatoria para a inscrición neste curso será anunciada no Diario Oficial de Galicia. As convocatorias sucesivas publicaranse na páxina web do Servizo Galego de Saúde e de ACIS.
Procedemento: Non hai que presentar unha solicitude, sen prexuízo das indicacións que se realizan a continuación:
1. Os profesionais que presten servizos no SERGAS ou nas entidades adscritas á Consellería de Sanidade, ou que estean inscritos nas listas de selección temporal da categoría de enfermeira/o ou de persoal enfermeira/o especialista, están exentos de aportar titulación e experiencia profesional, sen que sexa necesario realizar ningunha
actuación.
2. Os p rofesionais de enferm e ría doutros centros sanitarios deberán darse de alta na Oficina Virtual do Profesional (sistema informático Fides/expedient-e) e rexistrar e acreditar documentalmente no dito sistema informático os requisitos de titulación e a experiencia mínima dun ano.
A resolución de acreditación será posta a disposición de cada profesional no seu expediente electrónico no apartado outros méritos.
Á Oficina Virtual do Profesional (Fides) accédese desde internet http://fides.sergas.es con certificado dixital ou mediante o sistema Chave365.
Toda a información do proceso e as instrucións para acceder a Fides está dispoñible en:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210715/AnuncioC3K1-090721-0010_gl.html
Acceder a Fides: https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/oficina-profesional-expediente-electronico-sergas