Calle de Aragón, 197 Interior - 36206 Vigo. Teléfono: 986 433 515

coepo@coepo.com

Calle de José Casal, 5 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 857 095

coepo@coepo.com

As competencias da enfermería, en perigo coa implantación do XIDE

Os Colexios Oficiáis de Enfermería de Galicia e AGEFEC (Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria) solicitaron unha reunión de urxencia con Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade, despois de coñecer que o sistema XIDE (Xestión Integral da Demanda en Equipo) para a ordenación da demanda na Atención Primaria, máis que poñer en valor a nosa profesión, ésta estase a ver de novo agraviada e ameazada. Do mesmo xeito, desde as organización colexiais e AGEFEC se esixiu a paralización do proceso de implantación do devandito programa ata que se celebre a xuntanza e se dean as explicacións pertinentes, incluíndo a remisión da documentación por escrito para poder valorala minuciosamente.

O XIDE foi plantexado polo Servizo Galego de Saúde como una oportunidade para a ordenación da demanda na Atención Primaria que se probaría en dúas fases de pilotaxe, aínda que finalmente só se completou a primeira. Este colexio tivo constancia de que a súa implantación será inminente malia que só se puxo en marcha en dous centros de saúde de Galicia (Illas Canarias de Lugo e Culleredo de A Coruña). Deste xeito non se tivo en conta a pluralidade da realidade deste nivel asistencial en Galicia, que non está nin de preto representada cando a mostra está composta por dous centros de saúde de núcleos urbanos, mais ningún rural.

Un dos obxectivos do XIDE era efectivamente optimizar as competencias de cada profesional á hora de dar resposta ás demandas asistenciais da poboación, pero moitos dos problemas de consulta remitidos as enfermeiras carecen dos citados protocolos nos que se unifiquen os criterios de atención e derivación. Algo que provoca unha situación de risco para profesionais e pacientes.

O Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra como órgano representativo das enfermeiras desta provincia ten a obriga de protexer a profesión e as súas profesionais e esixe respostas ante esta situación que as pon en perigo.

Compartir
Admincoepo