
A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido está dedicada á ‘Accesibilidade universal’. O horario vai desde as 9 da mañá ata as 5 e media da tarde, ofrecendo un café e o xantar ás persoas asistentes. A cita vai ter lugar o sábado 7 de novembro en Santiago de Compostela, no Edificio Cersia (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n – San Lázaro). Non te despistes! A inscrición está aberta ata o xoves 5 de novembro ás 23:59. É gratuíta e inclúe o café e o xantar inclusivo!
PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

PROGRAMA
09:00 | Chegada e acreditacións
As persoas asistentes poderán confirmar a súa chegada e recoller a súa acreditación.
09:30 | Benvida e presentación institucional
Representantes de diferentes institucións darán a benvida ás persoas asistentes.
- Luciano Fernández. Presidente de Dano Cerebral Galicia
- Begoña Abeijón. Directora Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia
- Representante do Concello de Santiago de Compostela (pendente)
- Fernando de Andrés Alonso. Secretario Xeral da Valedora do Pobo
09:45 | Conferencia inaugural
Falaremos da importancia de garantir que todas as persoas poidan participar na sociedade en igualdade de condicións.
- Jesús Martín Blanco. Director Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade do Ministerio de Dereitos Sociais.
10:30 | Descanso e café
Faremos unha pausa para tomar un café e compartir un momento coas demais persoas asistentes.
11:00 | Mesa redonda. Contornas que permiten participar: como deseñar espazos para todas as persoas?
Falaremos de como crear cidades, edificios e espazos que todas as persoas poidan utilizar.
Coñeceremos experiencias e propostas relacionadas coa arquitectura, o urbanismo e a accesibilidade.
- Modera: Noelia Rivadas. Técnica de Formación de Dano Cerebral Galicia
- Mª Victoria Alquézar. Asesora da Concellería de Política Social (Concello de Zaragoza)
- Iago Lestegás. Concelleiro de Urbanismo (Santiago de Compostela)
- Breixo Pastoriza. Asociación Española de Profesionais da Accesibilidade Universal
- Antonio Arias. Arquitecto técnico e membro da Comisión de Accesibilidade do Consello Galego de Arquitectura
12:30 | Entrega do 14º Premio Dano Cerebral Galicia – Miguel Blanco
Este premio recoñece o traballo de persoas e entidades que contribúen a mellorar a vida das persoas con dano cerebral adquirido.
12:50 | Mesa redonda. Participar na comunidade: accesibilidade para exercer dereitos.
Falaremos das barreiras que atopan as persoas con discapacidade para participar na sociedade.
Tamén coñeceremos experiencias e propostas para facer máis accesibles a cultura, os servizos e as actividades da vida diaria.
- Modera: Miguel Vieito Villar. Asesor xurídico de Dano Cerebral Galicia
- Xesús Ron. Director e produtor do Grupo Chévere
- Óscar Salgado. Socio de Dano Cerebral Santiago de Compostela
- Laura Veiga García. Responsable do Servizo de Orientación Formativa e Inserción Laboral do CPAP de Bergondo
- Belén González. Presidenta da Asociación Galega Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC)
14:10 | Xantar inclusivo
Compartiremos un xantar preparado para ter en conta diferentes necesidades de alimentación.
15:30 | Experiencias que inspiran
Escoitaremos as experiencias de persoas con dano cerebral adquirido.
Coñeceremos as súas historias, as barreiras que atopan no día a día e a importancia de contar con apoios para participar na sociedade.
- Modera: Iria Abel. Directora de Dano Cerebral Lugo
- Beatriz Gándara. Directora de Administración de Dano Cerebral Alento Vigo e escaladora
- Tito González. Deportista paralímpico e membro de Dano Cerebral Lugo
- Lucrecia Alcolado. Profesora xubilada e membro de Dano Cerebral Lugo
16:15 | Laboratorio de eventos accesibles
Aprenderemos como organizar actividades culturais e eventos nos que todas as persoas poidan participar.
Coñeceremos ferramentas e recursos que axudan a eliminar barreiras.
Tamén poderemos ver e probar algunhas destas solucións.
- Rubén Capelán. Xestor cultural especializado en accesibilidade, membro da cooperativa MADA Producións
- Inés Mosquera. Terapeuta ocupacional de Dano Cerebral Galicia
- Xesús Ron. Director e produtor do Grupo Chévere
17:30 | Peche da xornada




